Desde a Corrente Marxista Internacional celebramos e damos a benvida a Horitzó Socialista, o recentemente constituído órgano de difusión da mocidade comunista nos Països Catalans. Seguindo unha dinámica similar no País Vasco co Mugimendu Sozialista e a súa ruptura coa esquerda abertzale, Horitzó Socialista (HS) xorde dunha escisión pola esquerda de Arran, a maior organización xuvenil nos Països Catalans. Tamén en català e euskera.

A Corrente Marxista Internacional solidarizase cos compañeiros e compañeiras de Mugimendu Sozialista (MS) que se enfrontan dende hai tempo a unha campaña de acoso e intimidación por parte dos sectores socialdemócratas e da dirección de EH Bildu, coa actitude compracente da dereita vasca.

A Corrente Marxista Internacional no Estado español rexeita a implicación española na guerra de Ucraína. Rexeitamos en particular o envío de armas ao goberno ucraíno e demais medidas anunciadas polo presidente do goberno, Pedro Sánchez, no Congreso dos Deputados o pasado 2 de marzo, co apoio entusiasta da dereita e da ultradereita, así como da esquerda paga do réxime.

Os días 5,12,18 e 19 os traballadores do metal lanzáronse á folga para loitar por un convenio digno cun seguimento masivo que paralizou a maioría das empresas do sector. Este convenio afecta a máis de 16.000 traballadores que operan en Estaleiros, Automóbil, Aeronáutica, Aluminio, etc.

O presidente ruso Vladimir Putin, nun discurso á nación rusa onte afirmou que "Ucraína foi creada por Lenin". A verdade é que a Revolución de Outubro tivo o gran mérito de liberar ás nacionalidades que foran oprimidas pola Rusia zarista, á que Lenin chamou "prisión das nacións", e que negaba todos os dereitos ás minorías étnicas. Presentamos esta carta de Lenin, escrita en 1919, que desenvolve en poucas páxinas a posición do marxismo sobre a cuestión das nacionalidades. Que fale Lenin!

O desenvolvemento dun movemento comunista xuvenil de masas, como o impulsado polo Mugimend Sozialista en Euskal Herria, que defende o carácter internacional do socialismo, é un feito extraordinario que os camaradas da Corrente Marxista Internacional vemos con enorme interese e simpatía. Publicamos aquí un artigo breve sobre as características deste movemento e o seu actual desenvolvemento.