Artigos en galego
Typography
  • Smaller Small Medium Big Bigger
  • Default Helvetica Segoe Georgia Times

Os días 5,12,18 e 19 os traballadores do metal lanzáronse á folga para loitar por un convenio digno cun seguimento masivo que paralizou a maioría das empresas do sector. Este convenio afecta a máis de 16.000 traballadores que operan en Estaleiros, Automóbil, Aeronáutica, Aluminio, etc.

O día 18 realizouse unha manifestación na Coruña congregando a traballadores chegados de toda a provincia que terminou diante da sede patronal. A esixencia dos traballadores van desde incrementos salariais, revisión salarial co IPC ata subrogación dos persoais, redución da xornada laboral anual entre outras cuestións.

A patronal envalentonada pola NON reforma laboral e as continuas mensaxes lanzadas polo goberno “progresista” da necesidade dun pacto de rendas, non só non está disposta a ceder ás pretensións dos traballadores senón que quere ir máis aló solicitando unha distribución irregular da xornada do 10% nun período de 24 meses o que supoñería xerar horas sen cobrar por elas.

As xornadas de loita desenvolvéronse cun gran entusiasmo o que demostra, unha vez máis, as ganas que ten a clase obreira de lanzarse a loita. Por parte da CIG realizáronse previamente asembleas abertas para tratar o tema e convocáronse mobilizacións en Coruña para esixir unha solución ao conflito. Non podemos dicir o mesmo das direccións de CCOO e UXT que continúan coa súa política de desmobilización e de pacto que o único que consegue é facer crer á patronal que esta batalla, e outras moitas, pódena gañar como vimos na baía de Cádiz chegando a acordos ás costas dos traballadores.

H18Y2061A loita continúa con novas xornadas de folga os días 7,8,9,28,29,30 de Xuño. Con este novo calendario os traballadores do metal dan un novo impulso á súa loita convocando seis xornadas de folga lanzando unha mensaxe á patronal de que pasan á ofensiva. Este aumento da combatividade é un reflexo das ganas de loita que vemos en todos os conflitos aos que estamos a asistir de maneira illada (Convenio metal Áraba, convenio metal de Cádiz, Convenio da carpintería na Coruña, folgas do sector da dependencia, da banca...) Por iso é necesario unificar os diferentes sectores que agora están en loita para dar unha resposta contundente aos continuos ataques e posteriormente estendelos a todo o conxunto da clase obreira. UNHA SOA CLASE, UNHA SOA LOITA

Puedes enviarnos tus comentarios y opiniones sobre este u otro artículo a: [email protected]

Para conocer más de “Lucha de Clases”, entra a este enlace

Si puedes hacer una donación para ayudarnos a mantener nuestra actividad pulsa aquí