Artigos en galego
Typography
  • Smaller Small Medium Big Bigger
  • Default Helvetica Segoe Georgia Times

A única solución que hai pasa por unha intervención pública da empresa, unha nacionalización e que se faga cargo a SEPI mentres se busca unha solución industrial.

Entrevista Xulio Aluribérica

  1. Despois da venda de Alcoa ao grupo Parter, do grupo Parter a Risco ( Alu ibérica), da política antisindical da empresa, da entrada da policía nas instalacións da fábrica.....en que situación vos atopades nestes momentos e que propoñedes.

A situación a día de hoxe é crítica. A fábrica está practicamente paralizada, e non se fixo unha sóa das inversións que estaban comprometidas no acordo da venta. Os impagos a provedores e de nóminas están ao orde do día. Deben o mes de xaneiro a tida a plantilla e ademáis febreiro e marzo a case un 40℅. Está claro que o Grupo Riego, non é un grupo industrial e non vai facer nada bo ca fábrica.

  1. Estamos a ver que a patronal pretende desmantelar a fábrica e que os gobernos de quenda dan a calada por resposta. Apostades pola intervención pública e a nacionalización da fábrica? Valorades a posibilidade de ocupar a fábrica para forzar esa saída?

A única solución que hai pasa por unha intervención pública da empresa, unha nacionalización e que se faga cargo a SEPI mentres se busca unha solución industrial. A ocupación de momento non o vemos. Se non hai intervención do estado non hai fábrica, iremos cara a liquidación da empresa.

Aluribérica

  1. Debido á crise do sistema capitalista estamos a ver como numerosas empresas (Alcoa, Bosch, Airbus, Nissan....) en sectores estratéxicos están a pechar ou trasladando a produción e xerando miles de despedimentos. Discutistes a posibilidade de facer unha acción conxunta cos propios compañeiros de Avilés e outros sectores que están en loita? Hai uns días houbo unha folga xeral comarcal en Ferrolterra, Considerades necesario estender esa loita a toda Galiza e o estado español?

Dende a CIG levamos tres anos intentando unir as empresas electro intensivas, e fixemos campañas de mobilizacións en desde 2018, e intensificaron en 2019. Propuxemos nalgún momento convocar folga das empresas electrointensivas, pero non tivemos seguimento dos outros sindicatos. Con Avilés en diferentes momentos temos feito accións conxuntas, e temos previsto facer algunha máis.

  1. A nosa páxina web ten unha audiencia tanto a nivel do Estado como Internacional, queres mandar algunha mensaxe, facer algunha petición ou chamamento?

O 15 de abril vanse concentrar en Madrid diante do Ministerio de industria os dous comités de a Coruña e Avilés para reclamar a intervención da fábrica. Cada xoves ás 17:00 facemos unha concentración diante da fábrica. No mes de Maio faremos outras accións que están por determinar.

Puedes enviarnos tus comentarios y opiniones sobre este u otro artículo a: [email protected]

Para conocer más de “Lucha de Clases”, entra a este enlace

Si puedes hacer una donación para ayudarnos a mantener nuestra actividad pulsa aquí