Artigos en galego
Typography
  • Smaller Small Medium Big Bigger
  • Default Helvetica Segoe Georgia Times

Entrevistamos a Xosé Paleo Rodríguez portavoz da CIG no Comité de Empresa de ALCOA sobre as repercusións laborais e sociais que tería o peche de Alcoa e a alternativa ó mesmo que está a defender a CIG.

xose paleoXosé PaleoPregunta.- Tras meses dunha loita formidable, a dirección de ALCOA plantexou un ERE para 524 traballadores e o peche programado da fábrica ¿Que implicacións tería o peche de Alcoa para a comarca, para Galiza, e en xeral?

Respuesta.- O primeiro dicir que non se trata de 524 postos de traballo se non máis de 1.000 pois nesa conta non están contemplados os máis de 500 traballadores das empresas auxiliares que entran todos os días na factoría. Salarios directos que ademais serían os primeiros en desaparecer de levarse a cabo e ERE.

O efecto que a desaparición deses 1.000 postos de traballo tería, nunha comarca coma a Mariña, sería devastador. Tanto social como economicamente, repercutindo en todos os demais sectores. Debemos ter en conta que a fábrica de San Cibrao supón un 30% do PIB de Lugo, na Mariña supón un 80%.

O comercio e hostalería serían os casos máis dramáticos ademais de ser os primeiros en sufrilo. A construción e a depreciación do valor da vivenda sería o seguinte sector afectado e así iría ocorrendo con todos os demais nun efecto dominó. Se a iso lle sumamos a actual situación do COVID a crise na Mariña semellaría o guión dunha película apocalíptica.

Mais as repercusións non rematan aí pois debido a previsible emigración que se produciría os servizos públicos serían os seguintes en sufrir as consecuencias. Por poñer un exemplo o Hospital acabaría convertido nun centro de saúde sobredimensionado. Do mesmo xeito se verían afectados a ensinanza, as forzas do orde, xulgados, delegación de facenda... en algúns casos estes servizos poden chegar a perderse na Mariña.

Por outro lado a desaparición do aluminio nacional tería repercusións augas arriba na provincia, no país e incluso no estado que se vería obrigado á importación e a dependencia doutros países nun produto tan básico e esencial como é o aluminio.

Nin a patronal, nin os gobernos deron alternativas o peche, e estades esixindo que o Estado interveña a compañía. Agora, PP e PSOE están dicindo que respaldan a intervención da compañía ata que se atope un inversor privado que a faga viable, ¿En que difire a vosa proposta de intervención respecto a do PP e PSOE? ¿Estades pola nacionalización da planta? ¿Que utilidade podería darse á produción de ALCOA como empresa pública?

R.- A expropiación é no momento actual a única saída que como CIG vemos viable, unha vez que ALCOA se negou a venta voluntaria das instalacións. Semella que a isto último é ao que o PP e o PSOE se refiren cando falan de intervención e esa é a diferencia fundamental.

Precisamente estamos pendentes da reunión da mesa multilateral coas dúas administracións para que aclaren como van a facer efectiva a petición de nacionalización proposta polo BNG e que aprobaron tanto o PP e o PSOE no Congreso. Na situación actual, tal e como se explicou na anterior pregunta, a continuidade desta factoría é un ben social que está por encima dos intereses particulares dunha multinacional.

Expropiación que, ben pode ser para continuar como empresa pública, ben para vender a outra compañía que aposte polo futuro. A este respecto hai un informe da UDC do profesor Carlos Aymerich, que revela que dende o punto de vista legal, non hai impedimento ningún para que as administracións nacionalicen a factoría de San Cibrao tal e como se está facendo noutros países da Unión Europea que si protexen a súa industria e a súa economía.

Dicir que pode ser discutible as responsabilidades de Alcoa coa comarca da Mariña o que non é discutible e a responsabilidade das Administracións coa sociedade á que se deben e representan.

Nos últimos meses, a causa da crise capitalista, producíronse multitude de anuncios de despido e de peches de empresas, como Nissan, Airbus, Aernnova, Tubacex, Bosch, Alestis, etc. ¿Debatíchedes a posibilidade de coordinar acciones con outros sectores en loita? ¿Crees que danse as condicións para establecer unha coordinadora estatal de loitas?

R.- A CIG a nivel de Galiza xa leva tempo coordinando a loita sindical coas demais industrias en crise, sobre toda coa industria pesada e electrointensiva coas que levamos máis dun ano facendo mobilizacións conxuntas por todo o país nas distintas factorías. Tampouco nos cabe dúbida que na loita sindical, como en calquera outra, a unión fai a forza e a nosa vocación é internacionalista e de clase polo que non teriamos problema ningún na coordinación de accións coas forzas sindicais das outras nacións do Estado.

Nosa páxina web ten unha audiencia tanto a nivel do Estado como internacional, ¿queres mandar algún mensaxe específico, facer algunha petición ou chamamento?

R.- Recordar que o vindeiro sábado 24 de Outubro temos unha manifestación en Lugo para pedirlle ás administracións que expropien xa.

Puedes enviarnos tus comentarios y opiniones sobre este u otro artículo a: [email protected]

Para conocer más de “Lucha de Clases”, entra a este enlace

Si puedes hacer una donación para ayudarnos a mantener nuestra actividad pulsa aquí