Artigos en galego
Typography
  • Smaller Small Medium Big Bigger
  • Default Helvetica Segoe Georgia Times

Entrevistamos a Xosé Paleo portavoz da CIG no Comité de Empresa de ALCOA sobre o inicio do conflito despois de 8 meses de paz social e o fracaso de a venda da planta de Aluminio. Leer en castellano.

PaleoXosé PaleoPasados 16 meses desde o inicio do conflito con Alcoa, e despois de 8 meses de paz social onde Alcoa mantiña conversacións co goberno para a venda da fábrica pero sen retirar o recurso no Tribunal Supremo contra a sentenza de despedimento nulo, en que situación vos atopades agora mesmo e que perspectivas tedes para o futuro, e se estes 8 meses de paz social serviron para algo?

Xosé Paleo- Na actualidade estamos outra vez en loita como consecuencia do fracaso, tanto das Administracións como de Alcoa, á hora de facer efectiva a venda da planta de Aluminio.

Fracaso que non foi, apesares dos intentos, senón, como consecuencia da ausencia de vontade das partes, pois se para algo serviu esta longa paz social foi para poñer de manifesto que nin Alcoa quere realmente vender, nin o goberno pensou nunca en comprar.

Chegados a este punto insistimos: É un erro político histórico consentir que a última fábrica de aluminio que queda no Estado desapareza. A produción de aluminio e unha industria estratéxica para calquera Estado moderno ademais de ser un negocio con moita proxección de futuro.

Deixar o peso de manter viva esta industria na decisión duns xuíces que só van vixiar que Alcoa se adapte a unha reforma laboral, creada ex professo para facilitar os ERE, pon de manifesto a irresponsabilidade do goberno.

Recentemente asistimos á pouca disposición do Goberno central para a nacionalización da fábrica e demandastes unha maior implicación por parte da Xunta para que presione ao Goberno central nesta posibilidade ou na venda a outra empresa, seguides desde a CIG co mesmo plantexamento de que a nacionalización da fábrica é a única solución posible? De ser afirmativa a resposta, confiades que desde a Xunta , comandada polo PP, se presionará para que isto se leve adiante? Pensades na posibilidade de ocupar a fábrica?

XP- As Administracións, Xunta e Goberno foron ate o de agora máis parte do problema que da solución.

Calquera das dúas administracións mostran a súa covardía á hora de corrixir o problema de fondo desta industria. A Xunta negándose, reiteradamente, a levar adiante unha tarifa eléctrica galega que teña en conta a nosa condición de produtores, e o goberno consentido o secuestro por parte das eléctricas do prezo da enerxía cun sistema tarifario que é unha estafa obscena.

Referente papel da SEPI, o Goberno desdíxose xa fai tempo do compromiso público de triangular a venta coa intervención da SEPI, e négase reiteradamente a cumprir o mandato do congreso traizoando a palabra dada ao comité e á comarca da Mariña.

Poren, agora máis que nunca, consideramos que a solución é a intervención. Na actualidade non temos ningunha xustificación por parte do goberno para negarse á mesma, o que si temos e un informe do profesor titular de Dereito Administrativo da UdC que avala a legalidade e a viabilidade da adquisición pública da fábrica.

Fai un par de semanas outra empresa da zona, a empresa Danesa VESTAS, comunicou o peche definitivo da súa planta mandando á rúa a 115 traballadores aplicando a lóxica capitalista de que “Sodes moi bos, temos beneficios, pero pechamos”. Vemos que os traballadores de Alcoa acoden masivamente para dar apoio, tedes pensado realizar accións conxuntas? Crees que é necesario que a clase traballadora pase á ofensiva, non só na Mariña senón en toda Galiza e no Estado español, e se de unha resposta conxunta a todos estes ataques?

XP- Os traballadores de Alcoa sentimos como nosa a loita dos e das compañeiras de Vestas, é imposible non sentir empatía por quen está nunha situación inxusta e similar a nosa froito dunha reforma laboral que facilitou os ERE’s, reforma da que a actual ministra de traballo debera impulsa a inmediata derogación.

Como sindicato obreiro e de clase a CIG sempre tivo vocación internacionalista, motivo polo que apoiamos e compartimos non só a loita común da clase obreira da Mariña, de Galiza e do Estado español, senón tamén a de calquera outro estado.

A nosa páxina web ten un eco a nivel nacional e internacional, Queres facer algún chamamento ou petición específica?

XP- Ningún dos dereitos dos que na actualidade gozamos como individuos, nación ou clase nos foron regalados, todos e cada un deles foron conquistados logo de duras loitas nas que, en contra de todo prognostico, fomos capaces de construír a vontade que lles faltaba aos opresores. Chámese estes opresores patriarcado, imperialismo ou capitalismo.

Non nos cansaremos de repetir que a loita é o único camiño, só estaremos vencidos no momento que nos rendamos.

Puedes enviarnos tus comentarios y opiniones sobre este u otro artículo a: [email protected]

Para conocer más de “Lucha de Clases”, entra a este enlace

Si puedes hacer una donación para ayudarnos a mantener nuestra actividad pulsa aquí