Artigos en galego
Typography
  • Smaller Small Medium Big Bigger
  • Default Helvetica Segoe Georgia Times

As eleccións ó Parlamento da Galiza confirmaron as previsións que adiantamos unhas semanas antes. A pesar que Feijóo mantén a maioría absoluta, o BNG logrou un resultado histórico grazas a estratexia combativa que mantivo nestes anos, así como da bancarrota política de UP (Galicia en Común), o que só logrou un 3,93% dos votos.

O BNG mantivo un perfil no que destaca a súa crítica pola Esquerda ó goberno estatal, proclamando a necesidade urxente de derogar a reforma laboral e a lei Mordaza. Por contras, a actitude posibilista de Unidas Podemos en Madrid, deixando nun lado as tarefas de esquerda na busca de manterse no goberno central da man do PSOE, fixo que o electorado de Esquerda dera as costas ás súas marcas nas eleccións.

Feijóo logrou manter a súa maioría absoluta de 41 deputados, aínda perdendo un 7,6% dos seus apoios (51.500 votos menos). Non obstante, esta forte victoria do PP é estrana para o conxunto do Estado Español, explícase pola falla de división na dereita, un logo do PP imposible de atopar nos mitins, poucas ou ningunha bandeira española e o formalismo do Barón máis poderoso do PP. Isto sumámoslle o crecemento da abstención en 5 puntos, pasando do 36,25% ao 41,12%. Na realidade, non é unha victoria do PP, senón de Feijóo, que triunfa cunha estratexia moi diferente ao españolismo de Casado, atopándose nese terreo en competición permanente con VOX. Tamén na xetión da crise do Covid distanciouse da dirección do PP, tomando distancias coas posturas de Díaz Ayuso en Madrid (isto aínda que non puido evitar os efectos das súas propias políticas contra todo o público). Non obstante, Feijóo haberá de enfrentarse á lexislatura máis convulsa dende a Transición, dada a situación obxetiva, ó que se enfronta social e económicamente o novo goberno autonómico.

O BNG obtén seu mellor resultado con 19 deputados (23,80%) gaña 13, desbordando ao PSOE (19,38%), que pasou de 14 a 15 deputados. Destaca que o Bloque impúxose ao PSOE en 27 das 30 poboacións máis importantes. A estratexia de loita pacente na rua por medidas programáticas concretas, como a nacionalización de ALCOA, catapultaron ao BNG ó liderado da Esquerda combativa. Destacou o seu papel o fronte da loita que levan adiante os traballadores de ALCOA, das conserveiras ou da loita veciñal contra os incendios e a especulación urbanística. Estas son as características políticas que conseguiron proxectar un perfil combativo e decidido á clase traballadora e á xuventude. Agora toca profundizar nesta táctica de cara ó futuro. O BNG pode e debe consolidar esta posición para unir todos os movementos contra Núñez Feijóo, a quen, baixo ningún concepto debería permitírselle rematar a lexislatura.

Sen dúbida o máis destacado foi o resultado colleitado polas marcas de UP, o maior fracaso da súa historia: 0 escanos, perdendo os 14 que tiña. O ciclo que comezou xusto na Galiza no 2012 con AGE acabou dunha maneira moi pouco honorable para UP. Este ciclo incluíu a conquista de alcaldías tan sinaladas como a de Ferrol, Santiago de Compostela e A Coruña, pero desafortunadamente non se usaron estas posicións conquistadas na base sen gran entusiasmo popular para avanzar. De feito non se municipalizou ningún servizo público que se atopan baixo concesionadas privadas.

Este resultado de UP é responsabilidade integra dos dirixentes desta formación, que abandonaron conscentemente as movilizacións en busca de gañar aos “non convencidos” moderando seu programa e acción política. Nese punto inclúese o abandono da consigna do dereito a decidir que é clave nas nació a históricas. Sí, a división sempre xoga un papel na demostración dun sector importante, pero isto só xorde da falla de compromiso dos dirixentes de En Marea coa posición que ocupaban. O 12X galego mandou a UP ó lugar gañado a pulso, a irrelevancia política. En vez de chorare lamentarse baixo a manta da “autocrítica”, UP debería espabilarse, virar 180 grados na Galiza e no Estado Español, se non quere que estes resultados sexan un adianto de novos retrocesos, coma o que se producíu en Euskadi (ver artículo).

O Goberno estatal de coalición PSOE+UP perderá cada vez máis apoio na súa base de esquerda se non cambia radicalmente de rumbo. O que seguirá abrindo o camiño para o avance do nacionalismo nas 3 nacións históricas (BNG, EH Bildu, CUP e os seus sindicatos afins) así coma un gran vacío a nivel estatal que tarde ou cedo podería acabar enchendo cunha alternativa á esquerda a UP. 

As medias tintas saen caras cando o que está en xogo é o pan das familias traballadoras. A ministra de Traballo Yolanda Díaz non supuxo incentivo algún  para os miles de traballadores industriais afectados por ERTEs ou directamente por despidos masivos (Alcoa, Endesa, Factorías Vulcano…). Se Unidas Podemos no goberno central se puxers á cabeza da reivindicación da nacionalización de Alcoa, aínda  tendo que confrontar co PSOE, o resultado sería moi distinto. Pero o mesmo tería que facerse con Nissan ou con tantas factorías de Euskadi corroídas pola precariedade e a temporalidade que condenan especialmente á xuventude. No seu lugar, a cara galega máis visible do Goberno non titubeou o poñer coma exemplo ó magnate Amancio Ortega por “colaborar en manter o emprego”, esquecendo o labor deste personaxe disfrazado de filántropo básase na explotación máis vil e despiadada. Tampouco tremeulle a voz o agradecer a gran banca, a que tiñamos que nacionalizar, por “adiantar” diñeiro dos ERTES (o cal prodúxose por error e por suposto foi reclamado inmediatamente aos beneficiarios). Nestas circunstancias hai que dicilo, en rigor, o chamativo sería que a esquerda galega mantería o apoio ás marcas de UP.

A clase traballadora galega e a xuventude mandaron unha mensaxe directa que hai que ter urxentemente en conta. A tarefa no Goberno central non debe ser levar adiante o que o marco do capitalismo permite, senón xustamente sinalar os seus límites atroces, que só poden ser superados mediante un enfrentamento sen cuartel coa élite económica e política, na Galiza e en todo o Estado.

Puedes enviarnos tus comentarios y opiniones sobre este u otro artículo a: [email protected]

Para conocer más de “Lucha de Clases”, entra a este enlace

Si puedes hacer una donación para ayudarnos a mantener nuestra actividad pulsa aquí